Solución de problemas |
Nestas sesións abordarase a resolución de exercicios prácticos relacionados co deseño de algún dos equipos empregados no tratamento dos contaminantes. |
Portafolios do alumno |
En cada un dos 3 bloques temáticos, o alumnado realizará, individualmente ou en grupo, un traballo baseado en artigos de investigación proporcionados polo profesorado, co obxecto de afondar nalgún dos aspectos tratados na aula. O último día de aula, de cada bloque, o alumnado fará unha breve exposición oral do traballo. |
Proba mixta |
Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.
|