PRÁCTICAS: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia. Para a súa cualificación valorarase a asistencia e traballo nas prácticas (5 puntos/15) e as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas (10 puntos/15). A asistencia pode validarse, previa solicitude, pola que xa se completou no curso inmediatamente anterior.
GRUPOS REDUCIDOS: A asistencia e participación en grupos pequenos (resolución de problemas) son valoradas a través do traballo do estudante nos grupos, a elaboración de esquemas e controis programados.
CUALIFICACIÓN EN AVALIACIÓN CONTINUA:
Ademáis das prácticas e as actividades en grupos reducidos, programaranse dous exames parciais (Enzimoloxía e Metabolismo) nos que poderase ir liberando partes da asignatura que polo tanto, si se aproban, non será necesario repetir na proba mixta das convocatorias oficiais.
Para poder superar a materia será necesario acadar polo menos o 50% da puntuación correspondente á proba mixta. Acadado este valor engádense as puntuacións correspondentes ao resto das actividades. Por debaixo deste valor, a puntuación máxima final obtida non pode ser superior a 4. Na avaliación de xullo, as cualificacións das partes aprobadas no exame de xaneiro (Enzimoloxía / Metabolismo / Prácticas) pódense manter e presentarse só ás partes pendentes. AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes que renuncien á avaliación continua deberán solicitar unha avaliación global polo menos 15 días antes da data oficial da convocatoria (xaneiro / xullo). Nesta avaliación non se toman en conta as notas das actividades senón un exame global (Teoría, Problemas e Prácticas). Os alumnos con dedicación a TEMPO PARCIAL ou EXENCIÓN DE ASISTENCIA, solicitados oficialmente na matrícula, serán avaliados nesta modalidade.
CUALIFICACIÓN MH: Distribuirase de preferencia entre os estudantes que cumpran os requisitos na avaliación de xaneiro.
Para ós/ás estudantes que soliciten a CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO, aplicarase a normativa, segundo a cal rixe a guía docente do curso en vigor.
Implicacións do PLAXIO na cualificación: Aplicarase a normativa, segundo a cal a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso.