-As sesións maxistrais son especialmente recomendábeis
con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Particularmente, dado
que non se segue ningún texto concreto, recoméndase o seguimento das sesións
maxistrais como o xeito máis idóneo para abordar a materia. -Igualmente esencial para os alumnos facer uso da Plataforma
Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia. -Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de
ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación
de presentacións, etc). -Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de
comprensión de lectura medio. Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores. |