Os estudantes deberán obter un mínimo de 5.0 sobre 10 para superar esta asignatura. A compensación de nota entre todas as actividades que compoñen a cualificación global (sesións maxistrais, obradoiros e prácticas) farase só a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.
As cualificacións das tres partes (sesións maxistrais e obradoiros + prácticas) consérvanse para as dúas oportunidades (Xaneiro e Xullo). No que respecta a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.
No caso de circunstancias excepcionais debidamente
xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades
educativas especiais, poderán tomarse medidas específicas de avaliación.
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 20% das actividades avaliables programada.
Todas as intrucciones arriba mencionadas aplican tamén aos alumnos a tempo parcial.
Os alumnos de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia do curso 2020-21.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente