Dado o deseño currícular do MBA, para a avaliación do alumno é necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co director responsable da empresa.
O estudo de casos esixe para a súa realización a aplicación adecuada das metodoloxías de solución deproblemas, a presentación oral dos resultados do análise, a capacidade dediscutir e defender os criterios que sustentan o análise e a búsqueda, filtrado,selección e consulta de fontes documentais que soporten o análise.
Os criterios de avaliación descritos (estudo de casos 70% e solución de problemas 30%) aplicaránse para a primeira oportunidade.
Na segunda oportunidade, o alumno deberá presentar un proxecto de análise individual de RRHH na data oficial da convocatoria.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.