Tanto o estudo de casos como a solución de problemas exixe para sua realización a aplicación adecuada das metodoloxías impartidas, a presentación dos resultados do análisis, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan o análisis e a búsqueda, filtrado, selección e consulta de fuentes de documentación que apoyen o análisis. Polo tanto, estes aspectos se avaliarán conxuntamente en ambos conceptos atribuindo un 70% da avaliación ao estudo de casos e un 30% á solución de problemas.
Avaliación segunda oportunidade: o sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidade. Nesta oportunidade poderanse contemplar casos específicos de estudantes que por motivos de saúde debidos ao COVID-19 non puideran desenvolver todas as tareas requeridas para superar a materia na primeira oportunidade.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais Terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno cando so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
"A realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación
de suspenso '0' na materia na convocatoriacorrespondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria”