O propósito desta materia é ofrecer unha introdución á análise económica rexional a través de modelos de Economía Xeográfica ou Nova Xeografía Económica (NEG) para explicar a distribución da actividade económica no espazo.
A materia abarcará desde o punto de vista teórico a discusión sobre a importancia da xeografía na teoría económica e fará unha descrición detallada da estrutura e dos principais resultados do chamado modelo básico de economía xeográfica (modelo Centro-periferia). A parte empírica do curso centrarase na presentación de material que está na fronteira da investigación en relación coas cuestións centrais que xorden das predicións teóricas do modelo centro-periferia da economía xeográfica; estimación da ecuación nominal de salarios, explicación da distribución espacial do capital humano, análise da relación entre aglomeración e competencia fiscal e explicación dos fluxos migratorios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías