Traballos tutelados |
Actividades que se levan a cabo ao inicio de cada módulo, antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Estudo de mercado. O punto de partida, para cada un dos grupos, é a elección dun tema de investigación. O/s alumno/s establecerá un proceso de investigación sobre un acontecemento que considere importante a nivel empresarial, establecendo as fontes e o tipo de información necesaria, as análises estatísticas que deben aplicarse e, finalmente, presentando as súas conclusións. Neste sentido, (salvo que o profesorado acepte a proposta do propio grupo) o tema do traballo será asignado polo profesor e tratará calquera asunto relacionado co ámbito social, económico, político, ambiental...
|