Para o recoñecemento da cualificación por
asistencia a eventos, o Decanato facilitará unha relación de matriculados que
deberá asinarse no acto celebrado. Aqueles alumnos que non puideran asistir por
causa debidamente xustificada deberán achegar os documentos que acrediten a
dita xustificación, e deberán facelo como data límite de recepción do informe
do titor profesional.
O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a
4, ao longo de todo o curso académico.
Para o cómputo da cualificación
elixiranse aleatoriamente 4 das probas celebradas, tendo prioridade as
presenciais. Cada unha das 4 probas seleccionadas puntuará 0,5 puntos, polo que
a asistencia a todas elas garante unha nota de 2 puntos, o que supón o 20% da
nota máxima alcanzable.