Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais que está nos apuntes da materia. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade. O 60% restante responde á avaliación das prácticas de Organización e Producción Audiovisual realizadas ao longo do curso.
Para superar a materia é necesario aprobar todos os traballos prácticos plantexados na clase e obter un 2 (20 sobre 100) no exame final.
Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.
O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto ca profesora da asignatura antes do día 15 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.
Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.