Solución de problemas |
Mediante esta metodoloxía trátase de que os estudantes busquen solución a unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha solución. Esta situación plantexarase en forma de problemas ou cuestións prácticas que deben ser respondidas. É un complemento ao coñecemento teórico adquirido. Trátase de que os estudantes apliquen ditos coñecementos en contornas prácticas, nas que a intervención e aportación persoal do alumnado é o eixo central. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. |
Traballos tutelados |
Estudo autónomo e en profundidade dalgún dos problemas socioeconómicos detectados, a partir dun traballo de investigación e a consecuente fundamentación en fontes bibliográficas, baixo a tutela da persoa docente. |
Proba mixta |
Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. O equipo docente informará da modalidade no momento oportuno.
|