Para aprobar a materia é preciso que a suma da cualificación obtida na avaliación continua dos seminarios e a cualificación da proba ou probas escritas alcance os 5 puntos.
Non se sumarán ambas as cualificacións se non se obtén polo menos unha puntuación de 1,2 puntos (sobre os 3 posibles) nos seminarios; e de 2,8 (sobre os 7 posibles) na proba oral.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia que non poidan participar nas sesións de seminarios, a avaliación das competencias correspondentes aos mesmos (30% da cualificación final) levará a cabo realizando un traballo que consistirá na presentación por escrito de 5 das prácticas desenvolvidas nas sesións de seminarios ao longo do curso. A esta modalidade alternativa de avaliación poderán acollerse tamén os estudantes que, por causas xustificadas que deberán ser apreciadas polo profesor coordinador da materia, non poidan asistir ás sesións de seminarios. Para iso, deberán comunicar ao profesor as circunstancias que xustifiquen a excepcionalidade dentro das dúas primeiras semanas lectivas do cuadrimestre. Se se trata de circunstancias sobrevindas, deberán comunicalas en canto ditas circunstancias se produzan.
Os estudantes que se presenten á proba oral na segunda convocatoria ou oportunidade (xullo) conservarán as cualificacións dos seminarios, se obtivesen polo menos a puntuación de 1,2 puntos sobre 3. Os estudantes que non logren a puntuación de 1,2 na oportunidade de xaneiro na avaliación dos seminarios deberán acollerse á avaliación alternativa descrita máis arriba na convocatoria ou oportunidade de xullo. Para quen non obteñan a puntuación de 1,5 a renuncia á cualificación dos seminarios terá carácter voluntario.
O plaxio nun traballo, a realización conxunta de traballos individuais, a copia nunha proba oral terán como consecuencia un 0 nese exercicio.
As persoas que non superen a asignatura pero aproben unha parte (seminarios o teoría), conservarán a cualificación obtida na parte aprobada únicamente durante el curso académico seguinte.