Dado que se trata dunha materia interdisciplinar, na que concorren Dereito Penal e Dereito Administrativo, pero na que os principios do Dereito Administrativo Sancionador proveñen en esencia dos do Dereito Penal, considérase axeitado outorgar un maior peso á primeira das materias, de modo que, ademáis de haber un reparto do 80%-20% nas clases presenciais, existirá un 80-20% na avaliación da calificación final.
Deste xeito, a cualificación final da materia virá dada da seguinte maneira:
a) Cualificación do exame oficial:
O exame oficial consistirá nunha proba obxectiva (test con resposta alternativa e/ou preguntas de desenvolvemento) e eliminatoria, que terá un valor máximo de 7,5 puntos. Neste exame, a nota de corte para poder sumar os restantes aspectos avaliables será, como mínimo, de 4 puntos.
b) Cualificación de actividades prácticas:
Sempre que se supere a proba obxectiva, as actividades prácticas realizadas na parte de Dereito administrativo serán cualificadas sobre un total de 0,5 puntos e as realizadas na parte de Dereito penal con 2 puntos. A cualificación obtida nestas probas se reserva para a segunda oportunidade, na que non é posible recuperalas.
Para o caso dos estudantes con matrícula a tempo parcial que resulten beneficiarios da dispensa de asistencia ás aulas, a actividades prácticas realizadas ao longo do curso poderán ser realizadas telematicamente nos termos que fixe cada profesor/a.
No caso de que o alumno copie no exame ou plaxie algún dos traballos, será cualificado cun 0 e presentarase a oportuna denuncia para a depuración de responsabilidade disciplinaria.