Proba obxectiva |
A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 |
Exame do contido da materia. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final de asignatura. Véanse "Observacións avaliación". |
60 |
ORGANIZACIÓN DA MATERIA SEGÚN ÁREAS DE COÑECEMENTO A impartición e avaliación da materia é
responsabilidade de 2 Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional
público (DIP), Leccións 1-2 e 5-13; e Área de Dereito constitucional (DC),
Leccións 3-4 e 14.
PROFESORADO Dobre Grao Dereito + ADE Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao Dereito—Quenda de mañá Área DIP: Prof. Jorge A. Quindimil
(jorge.quindimil@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao Dereito—Quenda de Tarde Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao
bilingüe Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) y Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es). Área DC: Profa. Ana Aba (ana.abac@udc.es)
CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA Cada unha das Áreas de coñecemento que participa
na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente: - Dereito internacional público: 75
% da nota final; - Dereito constitucional: 25 %
da nota final;
PLAXIO OU COPIA Calquera intento de plaxio ou copia, tanto nas
actividades prácticas como no exame, suporá un suspenso automático nada
materia con un 0. AVALIACIÓN: NO DOBRE GRAO DEREITO+ADE; E NO GRAO EN
DEREITO - En relación coa parte de Dereito
internacional público (DIP) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL. O exame representará o 80% da nota da parte DIP. O exame será escrito. Se no exame non se
consegue un 5 sobre 10, a nota das actividades prácticas non se engadirá á nota
final da parte DIP. ACTIVIDADES
PRÁCTICAS. As actividades prácticas representarán o 20% da nota DIP;
pero só se terán en conta no cálculo da nota DIP se se acadou un 5 sobre 10 no
exame final DIP. O alumnado que non se presente ao exame final DIP
considerarase non presentado no que se refire á parte DIP. Ao comezo do curso,
informarase ao alumnado sobre a organización das actividades prácticas. Non se
permitirá a defensa e/ou entrega de actividades prácticas fóra dos prazos
establecidos. ALUMNADO CON DISPENSA
ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude
ao Decanato, se lle conceda dispensa académica para asistir ás clases (pódese
consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), pode
escoller entre dúas opcións: 1) que o exame final represente o 100% da nota
DIP; 2) que o exame final represente o 80% da nota DIP, e o 20% restante a
través de actividades prácticas que o alumnado defenderá oralmente ao longo do
curso (presencial ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado
segundo ás circunstancias do caso). O alumnado poderá escoller un dentro do
prazo fixado polo profesorado a este efecto. O/a estudante que non opte pola
segunda opción no prazo fixado polo profesorado, entenderase que opta pola
primeira opción. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
2ª oportunidade. A
2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
na 2ª oportunidade solo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
parte de DC, terase en conta a cualificación que obtivo na 1ª
oportunidade.
- En relación coa parte de Dereito
constitucional (DC) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS. É necesario que se aprobe o exame final para
que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
se lles poida ter en conta a nota das prácticas. ALUMNADO
CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. Os estudantes con dedicación
ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
segunda oportunidade. A
2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
na 2ª oportunidade sólo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
parte de DC, terase en conta a calificación que obtivo na 1ª
oportunidade.
EVALUACIÓN NO GRAO BILINGÜE - En relación coa parte de Dereito
internacional público (DIP), o exame final da materia será escrito e suporá
o 50% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 50% restante. Polo
que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa
cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
- En relación coa parte de Dereito
constitucional (DC) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS. É necesario que se aprobe o exame final para
que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
se lles poida ter en conta a nota das prácticas. ALUMNADO
CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. Os estudantes con dedicación
ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
segunda oportunidade.
|