A
avaliación realizarase do seguinte xeito:
-O 30% da
nota final virá determinado por unha proba práctica que terá como base as actividades realizadas durante o curso nas
clases prácticas (debates, resolución de supostos prácticos, etc.). Esta nota conservarase para a avaliación na segunda oportunidade.
-O 70%
restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia
do programa, o día da convocatoria oficial do exame (primeira ou segunda oportunidade).
No caso do
programa en inglés (Prison Law), tal porcentaxe será 40%-60%.
No
caso de estudantes que teñan solicitado e obtido a dispensa prevista no artigo
7.5 da Normativa sobre o réxime de dedicación ao estudo da UDC, a proba
obxectiva constituirá o 100% da avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na materia na oportunidade correspondente.