Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Literatura e o seu Contorno Sociocultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A4 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B10 B3 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 Valorarase a capacidade de comprensión e reflexión crítica do alumno en función dunha análise hermenéutica e histórico-social sobre un tema obxeto de estudo da asignatura, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes á bibliografía e o uso correcto do idioma castelán. 75
Obradoiro A1 Os alumnos levarán a cabo os seguintes exercicios prácticos:
1. Reflexións críticas sobre temas pertinentes á lectura.
2. Análise de textos e contextos: interpretación crítica de diversas lecturas obxecto de estudo.
Valorarase a capacidade de comprensión, a orixinalidade do plantexamento crítico, o rigor da análise, a claridade da exposición e o dominio do idioma castelán.
15
Análise de fontes documentais A1 A10 A8 B6 B8 B3 C3 C6 C8 C9 Actividade na que o/a alumno/a dará conta da súa capacidade de análise e contexualización dos contidos impartidos na aula, dun xeito práctico 10
 
Observacións avaliación

En calquera das metodoloxías avaliables, é necesario obter unha cualificación mínima de catro sobre dez para superar a materia.Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles estudantes que non presenten en tempo e forma o traballo tutelado.

Na segunda oportunidade (convocatoria de Xullo), gardaranse as notas de todas as actividades superadas e proporánse actividades alternativas ás que se fixeron nos obradoiros e non se superaron.

Os traballos e actividades entregaranse en tempo e forma e deberán cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc).

O estudantado con dispensa académica de asistencia a clases entregará o traballo tutelado que terá valor do 100% da calificación. Poderánse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con necesidades específicas de aprendizaxe.

Na convocatoria adiantada de decembro, o sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesor no mes de outubro.

Se, no curso da avaliación, o profesorado tiver algunha dúbida razoable a propósito da autoría do traballo tutelado, poderá entrevistar ao alumnado durante a revisión de notas para verificar a mesma. Neste caso, a entrevista será grabada e servirá para revisar a nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes