As actividades do obradoiro prepararanse na aula segundo avance o programa. O traballo tutelado final entregarase a finais de decembro.
Na
“segunda oportunidade” (e convocatoria adiantada de decembro) os estudantes poderán presentar unha nova
versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso de
cualificación insuficiente nos apartados relacionados coa asistencia e
participación, a nota dos traballos constituirá o 100% da cualificación final.
Para
os estudantes con dispensa académica recoñecida, a puntuación alcanzada polos
traballos suporá o 100% da nota final, tanto na primeira coma na segunda
oportunidade.
Será
cualificado como "non presentado/a" en ambas oportunidades quen non
entregue o traballo tutelado.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir,
utilización de texto ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia,
copia en exercicios ou traballos ou outras variables destas
características) será penalizada coa anulación total da actividade de
que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa
vixente.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
necesite a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De
ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro
nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre
académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); na súa falta, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).