Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos.
Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas en el Campus Virtual de la UDC. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual.
A primeira parte do traballo tutelado presentarase o 13 de marzo e a segunda o 27 de abril.
En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado.
O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual.
Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio.