Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (recensión bibliográfica, traballo tutelado, solución de problemas, etc.).
Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos
de tres actividades avaliables das encomendadas dentro da metodoloxía obradoiro ou recensión bibliográfica.
Segunda oportunidade. Quen non acade a cualificación mínima de 5 puntos ao final do período lectivo, deberá entregar, antes da data de xullo que se indique, os traballos non entregados no seu momento ou ben repetir os avaliados negativamente, segundo o caso. A asistencia ás sesións de clase non é recuperable nesta segunda oportunidade.
Estudantes con dispensa académica recoñecida. Non se considerará a porcentaxe correspondente a "Sesión maxistral". A puntuación alcanzada nos
traballos encomendados suporá o 100% da nota final, tanto na primeira como na
segunda oportunidade, distribuida proporcionalmente aos apartados "Obradoiro" (18,75%) e "Recensión bibliográfica" (81,25%).
Sobre o plaxio e a fraude. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.
Alén disto, a fraude pode estar suxeita -- dado o carácter patentemente inxusto de querer
autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os
compañeiras/os -- á penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).