Os alumnos/as deberán acadar unha calificación mínima de 4 en cada unha
das dúas metodoloxías avaliables para poder aprobar a asignatura.Os alumnos que non sexan
avaliados positivamente na primeira convocatoria deberán facer unha nova
proba mixta, agás dun traballo individualizado se suspenderan o obradoiro, dependendo en cada caso das competencias que debe
incrementar.
Terase en conta a situación dos alumnos/as con dispensa académica que
deberán informar o profesor da sua condición o inicio do curso. O
profesor deseñará un sistema de avaliación que, agás de outras
actividades evaluables, como prácticas textuais e bibliográficas, incluirá unha proba mixta especialmente
formulada para un alumno que non participara nas sesións de obradoiro.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a sanción correspondente en virtude da normativa vixente.
A
avaliación na segunda oportunidade consistirá nunha proba mixta na que se incluirá unha práctica de comentario.
A convocatoria de decembro consistirá nunha proba mixta na que se incluirá unha práctica de comentario.
Calificaránse con non presentado os alumnos/as que non entreguen as prácticas do obradoiro e /ou non se presenten a proba mixta.
A materia poderá ser adaptada o alumnado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio a diversidade.
Teráse en conta a perspectiva de xénero na análisis dos contidos da materia.