Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Análise Lingüística de Textos Españois |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Lingüística de Textos Españois | Código | 613G01047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 | Durante o cuadrimestre, avaliaranse catro comentarios. Para ser cualificados na materia, debe entregarse un mínimo de tres. E para aprobar hai que obter unha nota media mínima de 5 (sobre 10). | 100 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación desta materia, teranse en conta os comentarios realizados (100 %). As actividades entregaranse a través do Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50 % da nota correspondente. Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia, etc.); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación. O plaxio (a apropiación de textos ou ideas doutros autores sen indicar a súa procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta á ética académica (como a copia), suporá a anulación da actividade da que se trate. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP) A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno entregue menos de tres comentarios. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro. SEGUNDA OPORTUNIDADE O procedemento de avaliación da segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron calificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas iguais ou superiores a 5. ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades. Entregarán as actividades a través do Campus Virtual e concertarán as titorías por correo electrónico. |
|