Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Literature and Culture
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C6 C8 Valorarase a elaboración continuada do traballo, a comunicación ao docente das dificultades e avances ao longo do proceso, o uso de axeitadas fontes de documentación e o tratamento coherente da información. 50
Oral presentation A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C2 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. 30
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A7 A11 B3 B5 B8 C1 C6 Valorarase a asistencia, atención e participación nestas clases. 20
 
Assessment comments

Na aula, na primeira sesión do curso, especificaranse os pormenores para a realización do traballo tutelado. A presentación oral do traballo —duración, ferramentas empregadas, obxectivos— realizarase na sesión correspondente. Os plaxios detectados con calquera aplicación informática da UDC ou polo mesmo profesor, conlevarán unha cualificación de 0,00 inapelable.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega deste traballo tutelado, adecuadamente deseñado e impreso. Se o traballo non se entrega, o alumno será cualificado cun NON PRESENTADO.

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro), deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Ao principio de curso entregarase aos estudantes un barreno pormenorizado de que será tido en conta na avaliación do traballo: coherencia, corrección, estrutura, ortografía, etc. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao comezo do curso —non máis tarde— para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presenciais para cursar satisfactoriamente a materia.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía: pat.filoloxia[at]udc.gal. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes