Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Galician Language and Oral Communication
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Workbook Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral.
Mixed objective/subjective test Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades teóricas, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.).
Oral presentation Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes