Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Medieval Galego-Portuguesa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Medieval Galego-Portuguesa | Código | 613G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe. |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas. |
Análise de fontes documentais | Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía. |
Seminario | Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado. |
Glosario | O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataforma contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír a definición e exemplos dos termos fixados pola profesora e dos que eventualmente poidan aparecer nas aulas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema (Poética e retórica trobadorescas) 4 e completado con frecuencia semanal. |
Lecturas | Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Presentación oral | Consistirá na exposición dunha lectura sobre a Idade Media, previamente acordada coa profesora. |
Prácticas a través de TIC | Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. |
Proba mixta | Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. |
|