1.
OBSERVACIÓNS XERAIS
1.1. Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos
fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das
sesións e que subirá ao campus virtual.
1.2. Para
superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10. Na proba obxectiva deberá obter como mínimo 5
puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
1.3. Se
houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas,
estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado en formato
"rúbrica" nas aulas ou a través do campus virtual. O / A docente achegará,
igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada
unha das actividades previstas.
1.4. Os
traballos tutelados entregaranse na aula, en papel, nos días fixados polo
profesorado.
1.5.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada.
1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.
1.7. Tanto
as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado no campus virtual).
1.8. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta
para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante).
1.9. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica levará consigo a
cualificación de 0 na convocatoria en que se producir.
1.10. A materia poderá ser adaptada aos/ás estudantes que
precisaren da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na
UDC / no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
ou, no seu defecto,
coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
2.
CUALIFICACIÓN NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)
2.1. As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán
entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola Facultade de
Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e superar tamén aquelas probas
(orais e / ou escritas) fixadas polo profesorado da materia.
3.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)
3.1. Será
considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non compareza á proba
escrita ou que non entregue ningunha das actividades.
4. ALUMNADO
A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
4.1. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este
alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante (os traballos relativos á discusión dirixida solicitaránselle por e-mail) e,
se non puidese asistir ás titorías, deberá contactar cos / coas docentes a
través do correo electrónico.
5.
CONVOCATORIA DE DECEMBRO
5.1. O
alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte
manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados
(30 %).