Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas |
O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa.
O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar varias delas para o seu estudo monográfico. |
Traballos tutelados |
Cada estudante realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía. |