Si o alumno/a
realiza o 50% das actividades propostas, aínda que non se presente ao
exame, será avaliado/a (a súa cualificación non será entón NP). Na segunda
oportunidade, o alumnado deberá completar as actividades que se
solicitan. De no ser posible facer algunha delas, substituirase por
outra. Nesta oportunidade a entrega do traballo farase o día do exame oficial.
O traballo tutelado entregarase o día do exame, sempre unha copia en papel e non vía internet.
Alumnos con dispensa académica:
O sistema de evaluación será obxeto de adaptación para os alumnos /as
con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións
posibles, no seu momento, de darse o caso, se indicará o sentido desta
adaptación, de modo que aquelas sesións, probas, etc. nas que
non podan participar sexan compensadas con outras.
Medidas de apoio á diversidade:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no centro nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); o coa titora ADI da Fac. de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).