A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma
das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas,
será de 5.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de
xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico
sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a a aquelas
partes que non tivesen superado previamente.
De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será
cualificado como Non Presentado.
A avaliación da convocatoria extraordinaria de
decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico
sobre contidos de lingua e de literatura.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artículo 14).
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).