Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Literatura Galega |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2022/23 | |||||||||||||
Subject | Literatura Galega | Code | 613G03012 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Second | Obligatory | 9 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Events academic / information | A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 | Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico. Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel no Campus Virtual. |
10 |
Mixed objective/subjective test | A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc. Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
50 |
Workbook | A4 A7 B3 B6 B7 | As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido. A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións de acordo coas pautas indicadas polo profesorado. |
20 |
Supervised projects | A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 | O traballo titorizado consistirá na elaboración dun vídeo sobre unha obra de lectura asignada polo profesorado. As pautas e as instrucións específicas para a súa realización e presentación serán proporcionadas nas aulas e publicadas no Campus Virtual. |
20 |
Assessment comments | |||
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. A evidencia de plaxio ou de realización fraudulenta en calquera actividade implicará automaticamente a cualificación con 0 puntos. O alumnado terá de entregar os traballos e as actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 1. Requisitos para superar a materia Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final a obtida na proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar). 2. Non presentado/a Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A. 3. Segunda oportunidade O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 4. Dispensa académica O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación. Deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de setembro. 5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro. 6. Convocatoria adiantada de decembro Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia. |
|