Proba de ensaio |
A1 A2 A6 A9 A10 A11 A15 B7 B8 |
Dos ensaios repartidos o largo do curso con data de entrega. Fáranse en resposta a unha lista de preguntas ou consultando o tema anteriormente co profesor. O primeiro (1000 palabras mínimo) contabiliza un 20% da nota final e o segundo (1500 palabras mínimo) o 30%.
|
50 |
Os estudantes deben obter polo menos 4/10 en cada proba evaluada para optar a unha nota final. Se no é o caso, hai que repetir a proba suspensa na oportunidade de xullo salvo o traballo de clase que non contará en xullo. Estudantes que teñan dispensa académica oficial deberán facer tódalas probas escritas, mais non os traballos de clase. Isto é os ensaios (20% + 30% = 50% da nota final) e o exame final (50%). As mesmas porcentaxes aplicaranse os estudantes que se presenten só a oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada dedecembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade dexullo. Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadacoa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
|