Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final (isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado).
PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet.
CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP.
AVALIACIÓN DE XULLO : Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (40%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (30%), en substitución do traballo grupal.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
ESTUDANTES CON DISPENSA : Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo).
Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidadede Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).