Proba obxectiva |
A11 A12 B7 B9 |
Proba realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos. |
50 |
Porcentaxes concretas de avaliación de cada parte. - A avaliación da materia realizarase en dous partes: avaliación continua (prácticas) e exame final.
- Para aprobar a materia é imprescindible obter unha cualificación mínima de 4 en ambas as partes por separado.
- A nota final da materia será a media aritmética da avaliación continua e o exame final, excepto naquelas situacións nas que non se chegou á cualificación mínima nalgunha das dúas partes, nese caso a nota final non poderá ser superior a 4.
Como se avalía o non presentado. - A entrega dalgunha das actividades ou probas de avaliación continua supoñerá que o alumno optou por presentarse á materia. Por tanto, a partir dese momento, aínda non presentándose ao exame final haberá consumido unha oportunidade.
Cómo se avalía a segunda oportunidade. - Na segunda oportunidade (xullo) conservaranse as notas da avaliación continua e/o o exame final obtidas durante o cuadrimestre, a condición de que a cualificación nesa parte sexa de 4 ou máis puntos.
- Se o alumno preséntase á segunda oportunidade na avaliación continua ou o exame final, a nota obtida na primeira oportunidade para esa parte anúlase, e a cualificación correspondente desa parte será a da segunda oportunidade.
- Para a avaliación continua establecerase un prazo límite para a entrega das prácticas.
- A nota final da materia na segunda oportunidade calcularase co mesmo criterio que na primeira oportunidade.
|