Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Arquitectura dos sistemas de Información |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Arquitectura dos sistemas de Información | Código | 614G01075 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 | O alumnado realizará dous traballos tutelados. O primeiro será introdutorio, realizado individualmente. O segunda realizarase por grupos, e consistirá na análise, deseño e implantación dun sistema de información web con tecnoloxías actuais. | 60 |
Estudo de casos | A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 | O alumnado, por grupos, realizará unha análise detallada dun caso real. Durante as clases farase un seguimento do traballo realizado por cada grupo, podendo orientar así o seu desenvolvemento. Ao remate do traballo entregarase un informe. Avaliarase tanto a calidade da memoria como o traballo realizado nas reunións de seguimento. | 40 |
Presentación oral | B2 B3 B4 C3 C6 | Ó finalizar o estudo do caso real, cada grupo realizará unha exposición oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do estudo de casos. | 0 |
Proba práctica | B1 B3 B4 C3 C6 | Os traballos tutelados rematarán cunha defensa individual na que o alumno terá que responder preguntas sobre o mesmo, ou implementar pequenos cambios ou funcionalidades sobre o mesmo código base. As defensas individuais ponderarán a cualificación do traballo. | 0 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a nota en función do resultado da proba práctica. É dicir, débese obter unha nota mínima de 3 sobre 6. De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica do traballo tutelado. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 3 sobre 6 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da proba práctica). Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes. DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, máis se facilitará na medida do posible a realización e seguemento do estudo de casos. OPORTUNIDADE ADIANTADA Utilizaránse os criterios da segunda oportunidade do curso pasado:
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente. |
|