Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Subjects
  Planning and management of destinations and touristic products of congress and conventions
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Facilitaranse como máximo aos alumnos da modalidade presencial dous textos ou lecturas como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas e debatidas por todolos estudantes ao longo das sesións maxistrais.
Supervised projects Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán de crearse entre dous e cinco grupos de traballo, ainda que o número de grupos definitivo dependerá dos estudantes matriculados na materia.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento da labor levada a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Oral presentation Os diferentes membros do grupo deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final.
Guest lecture / keynote speech Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Todos os estudantes terán acceso a este material a través das plataformas campus virtual ou Teams.
A asistencia a clase para os estudantes da modalidade presencial será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final.
Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes