Sesión maxistral |
Clases teóricas con participación do estudantado, en torno aos diversos contidos que compoñen o programa. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías: Discusión dirixida (presentación e comentario en clase dos textos asignados para lectura); Exposicións; Simulacións, Debates, Solución de problemas, Prácticas guiadas, etc. A través destas metodoloxías o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Discusión dirixida |
As sesións están baseadas nunha introdución teórica a cada unidade didáctica e a discusión colectiva na clase dunha serie de lecturas. Valorarase a participación activa do alumnado. |