Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
C1. Coñecer ao detalle os principais avances teóricos e prácticos en materia e técnicas de investigación cualitativa e cuantitativa e a súa aplicación - crítica, reflexiva e contextual - para comprender, definir e explicar fenómenos de alta complexidade e incerteza asociados aos retos sociais, económicos e políticos actuais. |
A2 |
C2. Coñecer ao detalle os fundamentos teóricos e prácticos da investigación-acción participativa e do uso avanzado da investigación social para a intervención no ámbito público e privado. |
A3 |
C3. Coñecer de forma detallada os fundamentos teóricos e prácticos das técnicas prospectivas e o uso avanzado das mesmas para emitir conclusións fundamentadas na evolución futura de retos sociais, económicos e políticos complexos e de alta incerteza. |
A4 |
C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño. |
A5 |
C5. Identificar os requisitos éticos da investigación social ante distintos escenarios de aplicación multidisciplinares, especialmente aqueles de gran complexidade ou con colectivos de alta vulnerabilidade, e as ferramentas existentes para cumprir con estes requisitos ao nivel esixido a escala autonómica, estatal e internacional. |
A10 |
C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social. |
A11 |
H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos. |
A12 |
H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados. |
A13 |
H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade. |
A15 |
H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R. |
A16 |
H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. |
A17 |
H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo. |
A19 |
H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación. |
A20 |
CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. |
A21 |
CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade. |
A23 |
CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares. |
A24 |
CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais. |
A29 |
CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica. |
A30 |
CP11. Adquirir experiencia na toma de decisións e o traballo en equipo en contextos profesionais interdisciplinares aplicando os resultados da investigación social. |