Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Subjects
  Big Data for the Social Sciences
   Methodologies
Methodologies Description
Student portfolio Os diferentes exercicios que se desenvolverán nas sesións de “Obradoiro”, así como os exercicios que se propoñan realizar de forma autónoma, incorporaranse a unha “carpeta do alumno” que se entregará ao remate do curso e estará suxeita a avaliación..
Workshop Ao longo do curso realizaranse diferentes sesións prácticas nas que se realizarán exercicios nos que o alumnado aprenderá os procedementos básicos para obter, estruturar, almacenar, analizar e visualizar datos masivos.
Oral presentation Ao remate do curso, dedicarase unha sesión á exposición dalgúns dos exercicios que forman parte do portfolio do alumno, especialmente aqueles dirixidos á visualización e presentación de resultados.
Guest lecture / keynote speech Haberá clases maxistrais nas que o peso da actividade recae principalmente no profesor. Este método pedagóxico compleméntase coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un papel máis activo ao alumnado.
Dado o contido eminentemente orientado á práctica investigadora desta materia, as sesións maxistrais terán frecuentemente un contido técnico, orientado á aprendizaxe dos procedementos de investigación baseados no Big Data máis habituais. Esta orientación técnica complementarase cunha reflexión sobre os fundamentos epistemolóxicos, éticos e teóricos deste tipo de investigacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes