1. GENPOL - A desigualdade de xénero na implicación política: niveis local e nacional |
Esta investigación propón abordar as causas da desigualdade de xénero na implicación política, incorporando o estudo do nivel local, que se vencella tradicionalmente a un maior nivel de participación por parte das mulleres.
Para analizar este fenómeno emprégase unha metodoloxía mixta, que combina o enfoque cuantitativo e o cualitativo e integra a participación da cidadanía e de axentes políticos. |
2. CAREMODEL - O modelo de coidados de larga duración en transición: xénero e migracións |
Este proxecto propón como obxectivo principal abordar os efectos da pandemia Covid_19 no sistema de coidados de larga duración en España. Analiza as consecuencias deste proceso no actual modelo de atención ás persoas maiores e adultos dependentes.
A análise destas cuestións require articular complexas dimensións nas que se entrecruzan a filosofía de implementación dos recursos públicos e privados, os valores e a cultura, e o mercado laboral. |
4. RIDERS - Culturas emerxentes da precariedade móbil na gig economy dixital |
Nesta investigación, a chamada economía de plataformas é estudada a partir da análise da vida cotiá dos riders ou repartidores de comida a domicilio, rastreando a precariedade móbil nas cidades contemporáneas.
A metodoloxía utilizada, de tipo cualitativo, conleva o desenvolvemento dunha etnografía itinerante multisituada, partindo da mobilidade como enfoque e como práctica metodolóxica. |