Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Subjects
  Seminars of Applied Research III: Economy, Technology, Risk and Socio-Cultural Changes
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A13 A16 A21 A29 Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais. 50
Supervised projects A13 A16 A21 A29 Os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos abordados que lles permitirán coñecer o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemolóxicos e éticos da investigación, transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos, ou a capacidade de desenvolver traballos de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento. 50
 
Assessment comments
Convocatoria de primeira oportunidade: A cualificación global da materia será a resultante da suma das cualificacións obtidas nas distintas prácticas e traballos realizados.

Convocatoria de segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema de avaliación para as convocatorias de segunda oportunidade. Os estudantes que non superasen a materia en primeira convocatoria, deberán presentar a totalidade das prácticas e traballos, manténdolles a cualificación obtida naqueles que presentasen durante o cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes