Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
 Subjects
  Seminars of Applied Research III
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A través de clases teóricas os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais no ámbito do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural, a comunicación e percepción social do risco, así como a mobilización e desmovilización política.
Supervised projects Os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos abordados que lles permitirán coñecer o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación, transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos, ou a capacidade de desenvolver traballos de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento.
Workshop Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes