O curso de Antropoloxía social e cultural concíbese como un estudo introdutorio, pero exhaustivo, da sistemática da antropoloxía contemporánea, centrado nas achegas, enfoques teórico-metodolóxicos e campos de investigación de vangarda na disciplina e na súa conexión cos grandes problemas e procesos da globalizada realidade sociocultural actual. Con iso proxéctase ampliar e fundamentar no alumno as súas competencias no coñecemento crítico e as ferramentas conceptuais e técnicas para abordar a complexa tarefa de interpretar a diversidade, especificidade e regularidades dos fenómenos socioculturais contemporáneos e as súas problemáticas inherentes, dende a perspectiva do local, característica da disciplina antropolóxica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías