Aos efectos da avaliación na materia, distinguirase entre os alumnos en avaliación continua e alumnos en avaliación non continua. Aqueles alumnos que non entreguen ningunha das actividades avaliables (prácticas, traballo tutelado ou exame) considerarase que optaron pola avaliación non continua. Os alumnos que entreguen algunha práctica, o traballo tutelado e o exame entenderase que optaron pola avaliación continua.
A avaliación do esforzo dos alumnos que elixeron a avaliación continua baseárase nun sistema de puntos que terán que acumular ao longo do cuatrimestre. O número máximo de puntos que poden obter os alumnos será de 100 (30 puntos nas prácticas, 20 no traballo e 50 na proba mixta). A sua nota final dependerá directamente do número de puntos que acumulen. Os alumnos na avaliación continua superará a materia cando cumpran todas e cada unha das tres condicions seguintes: (1) asistir a lo menos ao 75% das clases nas que a asistencia sexa controlada; (2) acumular 50 puntos ou máis e (3) obter en cada unha das probas, a lo menos, un terzo dos puntos en xogo (10 nas prácticas, 7 no traballo e 17 na proba mista).
Os estudantes na avaliación non continua só deberán realizar o exame da convocatoria oficial en xuño. Nesta convocatoria deberán obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica do exame outorgará como máximo 50 puntos e a parte práctica outorgará un máximo de 25 puntos.
Na oportunidade de xullo, non se fará distinción entre os alumnos na evaluación continua ou non continua. Non se gardarán as calificacións de ningunha das prácticas, traballos ou exame de convocatorias anteriores.
O profesor resérvase o dereito de introducir modificacións ao longo do curso, sempre que non contradigan ningunha das indicacións aquí contidas.
Respecto da evaluación continua e non continua tanto na oportunidade de xuño como de xullo, así como a dispensa académica actuárase segundo a lexislación vixente.