Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Socioloxía económica e das organizacións |
Contidos |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía económica e das organizacións | Código | 615G01207 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Tema 1. Fundamentos da socioloxía económica: De que falamos cando falamos de acción económica? Comportámonos como seres racionais no ámbito económico-monetario ou somos previsiblemente irracionais? Que modelos de racionalidade contempla a socioloxía? Por que non é posible predicir o comportamento humano aínda que sexa racional? |
1.1. A socioloxía económica e organizacional no contexto da socioloxía xeral 1.2. O modelo de acción social da socioloxía económica vs. o modelo económico neoclásico 1.3. A nova socioloxía económica: o concepto de embeddedness 1.4. Cinco conceptos clave para entender a acción económica: poder, redes sociais, moral, valores e cultura 1.5. racionalidade vs. a irracionalidade no comportamento monetario: o papel das emocións e as expectativas ficticias |
Tema 2. O papel das institucións na socioloxía económica: Por que son importantes as institucións para comprender a realidade social e económica? Que son as institucións sociais e cales son os seus compoñentes? |
2.1. O concepto de institución social en debate: novo e vello institucionalismo na socioloxía económica 2.2. O modelo analítico de Richard Scott para analizar as institucións: sistemas reguladores, normativos e cultural-cognitivos. Concepto de lexitimidade de entrada e saída de Habermas. 23. Institucións e organizacións: o modelo de Richard Scott (II) para entender a organización das institucións 2.4. Principais institucións económicas: mercados, empresas e diñeiro |
Tema 3. Os mercados como estruturas sociais: Que é o mercado e o sistema de mercado? Por que o sistema de mercado é unha institución social? Teñen os mercados unha estrutura social? Funciona o mercado segundo o modelo de competencia perfecta ou existen relacións de poder asimétricas? O mercado produce desigualdade ou funciona a través de mecanismos meritocráticos? Que normas de comportamento prevalecen no sistema de mercado? |
3.1. O mercado como institución social: breve perspectiva histórica 3.2. Mercados e sistemas de mercado: Características do funcionamento do sistema de mercado. Coordinación a través do sistema de prezos. 3.3. Da economía de mercado á sociedade de mercado: a cultura e as normas do sistema de mercado. 3.4. As ambivalencias e límites do sistema de mercado: Atribucións morais do sistema de mercado. As “ineficiencias” do sistema de mercado: a desigualdade social e o límite ambiental. |
Tema 4. O diñeiro como institución social. Por que o diñeiro é unha institución social? Por que o diñeiro é unha débeda impersoal? Como consegue o diñeiro transportar valor abstracto? Son as criptomoedas unha innovación disruptiva? A forma que toma o diñeiro ten efectos na economía real e na sociedade? |
4.1. Orixes do diñeiro: O falso mito do troco e o reducionismo histórico do homo economicus. teorías cartalistas. 4.2. Que é o diñeiro? funcións do diñeiro. diñeiro como débeda 4.3. Do patrón ouro ás criptomoedas: tipos de diñeiro, dixitalización e exclusión financeira. 4.4. Comportamento monetario: a teoría da marcación do diñeiro de V. Zelitzer e a contabilidade mental de R. Thaler. |
Tema 5. Organizacións e empresas: Que é unha organización e cales son os compoñentes organizativos máis importantes dunha empresa? Cales son os principais modelos organizativos e que efectos teñen sobre as actitudes e satisfacción dos traballadores/as? Cales son algúns dos principais retos dos diferentes modelos organizativos? |
5.1. Que é unha organización. A organización empresarial: división técnico-produtiva; sistemas de autoridade. 5.2. O modelo burocrático e posburocrático. 5.3. Fordismo e posfordismo: o enfoque da rede e o paradigma da flexibilidade 5.4. Retos organizativos: obxectivos individuais e obxectivos colectivos; o desaxuste de medios, fins organizativos e lexitimidade organizativa; o comezo da incompetencia de Peter |
|