Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade? En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías