A materia "Globalización, Medio Ambiente e Poboación" persegue un dobre obxectivo. Primeiro, servir de introdución ao campo da Socioloxía ambiental, a súa historia e traxectoria, a súa relación co corpus teórico da Socioloxía en xeral e a conexión con outras disciplinas, en particular a antropoloxía ambiental e a ecoloxía política, entre as que existe e existiu un diálogo continuo e enriquecedor. Segundo, familiarizar ao alumnado coa problemática ambiental, a súa xénese, variedade e desenvolvemento, os seus efectos na sociedade e o campo das políticas e os movementos ambientais, cunha atención especial aos problemas ambientais en Galicia. A materia posúe por tanto unha dobre vertente, aplicada e teórica: a de servir para coñecer os retos da sociedade actual ante a problemática ambiental (aplicada) e a de familiarizarse con como abordaron a socioloxía e as ciencias sociais a cuestión ambiental (teórica).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías