Alumnado presencial
O alumnado presencial será avaliado en función dos traballos de prácticas solicitados ao longo do curso, a participación nas discusións dirixidas e o traballo final da materia (entregado en tempo e forma, cumprindo cos requirimentos especificados para o mesmo).
Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro
O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios, malia que se establecerá formalmente entre profesorado e cada alumno/a a forma, prazo e formato de entrega dos traballos prácticos.
No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte dos traballos tutelados, so deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.
Plaxio
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.