A asistencia é obrigatoria, salvo dispensa
solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria
do título, e sempre respetando a normativa de asistencia a clase da UDC, así como os sistemas de avaliación que
figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo
das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a
determinadas sesións presenciais.
Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.
Quen
non teña realizado traballo nunha porcentaxe igual ou
superior ao 50% das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante unha proba obxectiva e os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.
PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, o profesor prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet.