1. O traballo tutelado, a presentación oral e a proba mixta teñen carácter obrigatorio. Para superar a materia será condición indispensábel obter unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10, tanto no traballo tutelado como na proba mixta. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo tutelado se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada.
2. Considerarase non presentado na materia quen non entregar o traballo tutelado, non fixer a presentación oral e/ou non se presentar á proba mixta.
3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas,
traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada
coa anulación total da actividade de que se trate.
4. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non superasen a materia terán que entregar o traballo tutelado só se este non foi entregado na convocatoria anterior ou se non obtivo unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10. No seu caso, o prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.
5. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: traballo tutelado (60%) e proba mixta (40%). O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.
6. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Deberá entrar en contacto co profesor antes de acabar o mes de novembro.