-A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60%.
-Para
superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes (teoría e
práctica). Para superar a parte práctica, deben estar aprobadas cada
unha das prácticas finais, ademáis de entregadas en data e superadas, todas e cada unha das prácticas de clase.
-O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da asignatura antes do día 11 de febrero, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.
-A realización fraudulenta das prácticas e das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.