PRMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación da materia na primeira oportunidade consistirá nun exame teórico, un traballo final (portfolio, showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia, en forma de avaliación contínua.
É necesaria a asistencia á clase para a avaliación de estas tarefas. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar dispensa académica según as condicións descritas na Norma que Regula o Rexime de Dedicación ao Estudo e a Permanencia e a Progresión dos Estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña aprobada polo Consello Social o 04/05/2017.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade mantense o exame teórico e se solicitará a millora do portfolio naqueles apartados onde sexa necesario para cada estudante. Se o alumnado non asistíu a clase con regularidade e non ten as tarefas alí realizadas, efectuará un exame práctico.
Plaxio nesta materia: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.